Gustaríame falar dun tema que resulta bastante importante e a vez interesante para min, trátase do deporte, mais particularmente do baloncesto, en xeral, e de como nos afecta hoxe en día, aos adolescentes mais concretamente.
Eu, persoalmente practico baloncesto como afección no meu tempo libre, nun equipo pertencente ao meu pobo, e non é que teña gran queixa respecto a este, dado que hai unha gran afinidade con este deporte nesta localidade, pero no que a sociedade respecta, nun termo xeral, resulta ser bastante menosprezado.
Metaforicamente falando, resulta aplastado por outros deportes, coma o fútbol, e a súa vez por todos os adolescentes que practican este, os cales tan só mostran mofas e actos inmorais cara as persoas que practican este.
Por outra parte, os mesmos pais son os que inciden bastante na desaparición deste, dado que non queren saber dun deporte coma este ou polo feito de ser rapazas, que resulte groseiro ou non agradable a vista; aínda que pareza que avanzamos bastante neste tema, non é o habitual, porque a pesares de haber pais que apoian aos seus fillos/as a facer deporte e respectar os nosos gustos, como é o meu caso particular, non todo o mundo pode disfrutar dese pracer.
Espero que vos gustara o tema do que vos falo hoxe, pero consideraba necesario certa dedicación aos temas que hoxe en día non reciben a atención necesaria, na miña opinión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario