domingo, 24 de marzo de 2019

Retoque fotográfico na publicidade

Hoxe vou a falarvos do Retoque Fotográfico na publicidade.

O retoque fotográfico é unha técnica que permite obter outra imaxe modificada, ben para lograr unha mellor calidade ou máis realismo, ou pra obter unha composición totalmente diferente que distorsione a realidade. Pra levar a cabo dito proceso, utilízanse maioritariamente programas informáticos.

O uso do Photoshop como ferramenta pra solucionalo todo tampouco está ben, dado que o público está sendo enganado tras unha imaxe alonxada da realidade, e polo tanto, disgustado.Os modelos tanto femeninos como masculinos tamén reciben un gran desprecio ao ser utilizados de xeito comercial e tentando chegar a unha perfección idealizada e evidentemente, sobrante.

A continuación deixovos por aquí uns exemplos dalgúns Retoques Fotográficos de famosos empregados para publicidade:

· Este anuncio da empresa de lencería Victoria's Secret ten un error garrafal, pois a man dereita da modelo está agarrando a asa dun suposto bolso que non aparece. O cal nos desvela que a modelo foi sacada de outra campaña publicitaria e engadida en dito fondo.




·Retomando a actividade publicitaria da marca Victoria's Secret, bastante polémica, co retoque da figura humana, o que crea un gran problema social de aceptación. Como vemos na imaxe a figura desta muller é anti natural, o que resalta especialmente na súa cintura, pero as faccións da cara deben de estar tamén retocadas.




En conclusión, persoalmente non apoio moito o uso do Photoshop en exceso, porque retocar pequenas imperfeccións podo entendelo, pero con certos límites, sen tentar buscar figuras idealizadas e aceptando e adaptándonos a todos os corpos posibles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Portada Buscando a Nemo

Esta é a portada do pictograma que fixemos Luján e eu, inspirado na película de Buscando a Nemo. O pictograma foi realizado coa aplicación I...