xoves, 30 de maio de 2019

Portada Buscando a Nemo

Esta é a portada do pictograma que fixemos Luján e eu, inspirado na película de Buscando a Nemo. O pictograma foi realizado coa aplicación Inkscape e a portada en GIMP.


domingo, 19 de maio de 2019

Viaxe a Bilbao e Atapuerca

A semana anterior a Semana Santa os nosos compañeiros fixeron unha viaxe a Bilbao e Atapuerca, onde visitaron unha serie de sitios dos que non  solo falarei a continuación senon que mais abaixo atoparedes un mapa onde podedes votarlle unha ollada si queredes.

En primeiro lugar acudiron a Frómista, na provincia de Palencia onde visitaron a igrexa románica de San Martín de Frómista, un templo católico erguido na segunda metade do século XI o cal está situado no Camiño de Santiago e é considerado un dos principais prototipos do románico europeo.

A continuación pasaron pola igrexa de Santa María del Castillo, a única parroquia que se conserva das catro coas que contaba Buitrago del Lozoya no século XVI.
Está construído no recinto amurallado, próximo ao castelo.

Máis tarde pásanse polo Canal de Castilla. É unha das obras de inxeniería hidráulica máis importantes das realizadas entre mediados dos séculos XVIII.
Recorre parte das provincias de Burgos, Palencia e Valladolid na counidade autónoma de Castilla e León (España) .

De seguido irían a Bilbao, onde estarían ao día seguinte pero antes de rematar o día achéganse ao mirador de Artxanda para ver a preciosa cidade.





Neste segundo día, pola mañá pasean pola ría del Nervión, a cal atravesa Bilbao dividindo a cidade en dous: a dereita Deusto , Uribarri , el Casco viejo e La peña; a esquerda Zorroza e o Ensanche.

Ao rematar pasarán polo museo de arte contemporáneo Guggenheim Bilbao, localizado na vila de Bilbao (País Vasco). España.

Posteriormente a visita á Alhóndiga, que antigamente era un establecemento onde se vendía, compraba e incluso se almacenaba grano, cuxo fin era socorrer aos veciños e principalmente aos labradores en épocas de escasez.

Resultado de imaxes para museo guggenheim bilbao


No terceiro día irás a Geoparkea, localizado no norte de España, no País Vasco; a continuación visita a ermita de San Juan de Gaztelugatxe, un islote situado na localidade vizcaína. 

Resultado de imaxes para Geoparkea


No cuarto día saen cara Atapuerca onde poderás realizar unha visita guiada ao xacemento de Atapuerca, conxunto de yacementos arqueóloxicos e paleontolóxicos que conteñen algúns dos restos de seres humanos mais antigos da península Ibérica.

Despóis visita ao parque arqueóloxico e obradoiros de lume, pintuura, caza..

De seguido saen cara Burgos e visitan a Cartuja de Miraflores, monasterio da Orden dos Cartujos, edificado nunha loma coñecida como Miraflores, situada a uns tres kilómetros do centro da cidade de Burgos; Logo vótanlle unha ollada á catedral cun guía.

Resultado de imaxes para cartuja de miraflores


No quinto e último día fan unha visita ao Museo da evolución humana, en Burgos.


Resultado de imaxes para museo de la evolución humana


Mapa guiado:


domingo, 24 de marzo de 2019

Retoque fotográfico na publicidade

Hoxe vou a falarvos do Retoque Fotográfico na publicidade.

O retoque fotográfico é unha técnica que permite obter outra imaxe modificada, ben para lograr unha mellor calidade ou máis realismo, ou pra obter unha composición totalmente diferente que distorsione a realidade. Pra levar a cabo dito proceso, utilízanse maioritariamente programas informáticos.

O uso do Photoshop como ferramenta pra solucionalo todo tampouco está ben, dado que o público está sendo enganado tras unha imaxe alonxada da realidade, e polo tanto, disgustado.Os modelos tanto femeninos como masculinos tamén reciben un gran desprecio ao ser utilizados de xeito comercial e tentando chegar a unha perfección idealizada e evidentemente, sobrante.

A continuación deixovos por aquí uns exemplos dalgúns Retoques Fotográficos de famosos empregados para publicidade:

· Este anuncio da empresa de lencería Victoria's Secret ten un error garrafal, pois a man dereita da modelo está agarrando a asa dun suposto bolso que non aparece. O cal nos desvela que a modelo foi sacada de outra campaña publicitaria e engadida en dito fondo.




·Retomando a actividade publicitaria da marca Victoria's Secret, bastante polémica, co retoque da figura humana, o que crea un gran problema social de aceptación. Como vemos na imaxe a figura desta muller é anti natural, o que resalta especialmente na súa cintura, pero as faccións da cara deben de estar tamén retocadas.




En conclusión, persoalmente non apoio moito o uso do Photoshop en exceso, porque retocar pequenas imperfeccións podo entendelo, pero con certos límites, sen tentar buscar figuras idealizadas e aceptando e adaptándonos a todos os corpos posibles.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

El cable inglés

Como o propio Faro de Vigo dicía no seu artigo do 29.05.2013:

"El 27 de mayo de 1873 la Eastern Telegraph inauguraba la comunicación telegráfico-submarina entre Vigo e Inglaterra.


El 27 de mayo de 1873 se inauguraba la comunicación cablegráfica entre Vigo e Inglaterra. A los pocos días empezaba a funcionar el cable de la misma compañía entre Vigo y Carcavelos, Portugal, que fueron las primeras de España y las únicas durante once años. El 28 de mayo de 1933, sesenta años después, el inicio del Cable Inglés fue recordado por el entonces Cronista de la Ciudad Avelino Rodríguez Elías. Gracias al cable, FARO DE VIGO dio la primera noticia de la llegada del Plus Ultra a Buenos Aires. La actividad del Cable Inglés cesó el 31 de diciembre de 1969."

xoves, 24 de xaneiro de 2019

La tortuga de Darwin

Este é o título que esconde unha obra que os meus compañeiros puideron disfrutar o trimestre pasado representada por un grupo teatral da zona.

Por aquí deixovos un moi bo resumo feito por unha compañeira de clase que sí asistiu a esta representación, a diferencia de mín.

xoves, 17 de xaneiro de 2019

Fake news

Fake News

Que son e que importancia teñen?

Definindo o termo de xeito persoal, as "Fake News" -  "Noticias falsas" ou "Hoax"  -  "Bulos", traducido directamente do inglés, son as noticias que se propagan de xeito legal, por denominalo así, pero non son reais, basados na desinformación.
Estes bulos son creados coa intención de favorecer supoño que a entidades, tanto empresariais como políticas, que buscan enganar ou influenciar ás persoas á hora de tomar decisións.

Portada Buscando a Nemo

Esta é a portada do pictograma que fixemos Luján e eu, inspirado na película de Buscando a Nemo. O pictograma foi realizado coa aplicación I...